40

The first shot of vodka

Francesc arrived first. He asked for a beer and rubbed his hands through the jeans while examining the place again. Just in case. He recognised her by her way of dressing, when she turned around to close the door quietly. Some minutes later, when she went to the toilet, he realised about that fact: to recognise someone else not by the face or the body but the clothes. She recognised him quickly too. Actually, there was not a lot of people and he was the only one alone in that bar.

Katerina was the one to make the first step, to contact Francesc, weeks ago, thanks to a mutual friend during an academic visit to Berlin. It might seem random, but it is not. People go to certain places depending on their tastes, their intentions and their possibilities and none of this is part of the characteristics of chance. I mean, both Katerina and Francesc’s friends went to the same place because they were looking for someone like them.

Francesc started to make contacts with people who were interested in acquiring a very specific kind of weapons. The first time he witnessed a conversation on the subject he did not think about the possibility, he was just there, listening without any interest. But when he arrived home, when he sat together with his brother in front of the TV to tell him about that evening, he realised that perhaps it was an interesting business to take care of. It would not be so difficult to find a contact abroad, ask some questions and evaluate the potential earnings and risks.

And that is why Katerina was there, to give information, data, basically numbers, related to ammunition, calibre, boxes and calculation made by herself during the long and boring journey via London. Those calculations, those ideas had an objective: to encourage Francesc to enter the game with her. She said to Francesc, simple and clear, that they should be partners, before the waiter placed over the bar the first shot of vodka.

40

O primeiro grolo de vodka

Francesc chegou primeiro. Pediu unha caña e fregou as mans contra os pantalóns vaqueiros ao tempo que examinaba de novo o espazo, non fose a ser que se lle pasase a presenza dela. Recoñeceuna ao mirar á porta, polo xeito de vestir, cando se deu a volta un pouco para pechar sen facer ruído. Resultoulle curioso, cando ela foi minutos máis tarde ao baño e o mozo tivo tempo de reflexionar, tela recoñecido por ese feito, a roupa, e non por trazos físicos do rostro ou do seu corpo. O caso é que ela entrou e axiña o recoñeceu tamén a el, non había moita xente no bar e de feito era a única persoa sen compaña.

Foi Katerina quen se puxo en contacto con Francesc, semanas atrás, mediante un amigo común que a moza polaca coñecera durante unha visita académica a Berlín. Podería parecer casualidade, pero non é así, a xente acode a determinados locais en función dos seus gustos, das súas intencións e das súas posibilidades, nada disto forma parte das características da casualidade. Quero dicir que tanto Katerina coma o amigo de Francesc acudiron a aquel lugar de Berlín en que se coñeceron porque andaban a procurar a alguén así.

Porque o asunto foi que Francesc comezaba a ter contactos cunha xente que estaba interesada en adquirir un tipo de armamento moi concreto. A primeira vez que estivo presente nunha conversa sobre o tema nin sequera se lle pasou pola cabeza a posibilidade, el foi, simplemente, testemuña dun diálogo. Pero cando chegou a casa e lle contou a Jaume o que fixera aquela tarde, Francesc escoitouse a si mesmo e pensou que, quizais, era unha vía de negocio que era necesario, cando menos, estudar. Non sería tan difícil atopar un contacto no estranxeiro, facer algunhas preguntas e avaliar se os beneficios compensaban.

E por iso estaba alí Katerina, para darlle información que traía na súa cabeciña, datos, basicamente números concernentes a munición, calibres, caixas e algúns cálculos feitos por ela mesma durante a aburrida longa viaxe vía Londres, cálculos que tentaban achegar conclusións evidentes para Francesc, para que se animase a entrar no xogo. Era o medio que tiña ela, tamén, de sacar tallada de todo aquilo. E díxollo ao mozo, así, clariño, a súa tarifa como intermediaria, antes de que o camareiro pousara na barra o primeiro disparo de vodka.

39

Execución

Marta presentouse no salón  e pechou a porta cun golpe, mostrou o autoadhesivo negro e vermello de Albert coma se fose unha bandeira branca entre os seus compañeiros. Mireia, Francesc e Jaume ergueron os ollos para mirar o pequeno anaco de papel que a man da moza izaba diante deles. A idea de Marta era a seguinte. Non era necesario matalo. O máis probable é que o rapaz xa estivese fichado pola policía, no arquivo ese de rojos, vagos e bandidos seguro que tiñan unha ficha del e duns cantos amigos.

O refén non os vira apenas, aínda tiña os ollos vendados, non sabía onde estaba, non podía ofrecer dato ningún verificable á policía, polo que o seu testemuño, no caso de que quixera intercambiar a súa vida por información relativa a eles, carecería de credibilidade. Ademais, para o estado era moito máis rendible ofrecerlle á sociedade, naquel contexto en que se atopaban, a detención e procesamento dun axitador político que as pistas e a persecución de catro ladróns de igrexas e bancos. Así que o tema, o único problema, era chamar a atención da policía, que fosen eles, dalgún xeito os que atrapasen a Albert. Aínda era madrugada, tiñan tempo para actuar antes de que houbese moitos máis ollos nas rúas de Barcelona.

A solución outorgouna Mireia despois de pensar ben as palabras e non arriscar a súa posición, ofreceuse voluntaria para entregarllo á policía. Ela sabía onde atopar ao axente Cabanillas, ela sabía que aquel piso franco xa estaba vixiado e, efectivamente, calquera información que puidese dar Albert sería irrelevante para a policía. Dixo que o deixasen ao seu cargo, que confiasen nela. O resto do grupo, cansado despois dunha noite atarefada, sentiu tanto alivio que non quixo facer moitas preguntas, limitáronse a seguir as instrucións de Mireia e meteron a Albert no maleteiro do 124.

O certo é que o Aparatus comprobou a efectividade da acción de Mireia semanas despois. Jaume achegouse á barra dun bar para almorzar e colleu un xornal mentres o camareiro se dispuña na tarefa de servirlle o café e as torradas. A máquina dos zumes machacaba dúas laranxas sen compaixón e Jaume botaba o ollo ao titular sinxelo e explícito que acompañaba unha foto do home que entregaran á policía: EXECUTADO. A reacción de Jaume ante a noticia foi un encollemento de certos músculos da face e un suspiro que ningún dos dous axentes que o vixiaban de cerca, Cabanillas e Pujol, puido interpretar.