4

In the bunker of Montjuïc

It was still night and the Castle of Montjuïc overlooked the city with its stubborn look of suspicion, with the attitude of those whose only aim is to stand there with an aura of annoyance. In the bunker beneath the granite and slate mountain, the Commander of the infantry corps was standing for about thirty minutes, the time his speech lasted, and would remain standing during the brief round of questions that the members of the General Staff had presented to clarify what happened in Banyoles street last Monday at midday.

The expression in General Roel’s face did not change during the brief monologue of the Commander. Once considered the operative failed to intercept and eliminate Francesc Bastida before he arrived in Barcelona, and because of the danger that implied by the presence of such serious subversive elements in the capital, a decision was made to make him disappear sharply. The order to eliminate the target within a period not exceeding four hours was transmitted to the command of the special operating service of Barcelona .

When the command was about to carry out the action, they received two notifications that forced them to abort the mission. The Intelligence Services warned of the presence in Banyoles street, where the operation was to be developed, of those two police officers previously in charge of monitoring Bastida’s movements. In addition, the members of the special forces operative, hidden in Travessera de Gràcia, identified two people carrying a homemade bazooka, at a few meters distance from their position.

The two armed people advanced within less than a hundred meters from Banyoles street and fired a projectile that left one casualty, agent Pujol, and several wounded. These include agent Cabanillas, the employee of a burger bar and Bastida. Both the police and the bartender had already made statements at the police station, while Francesc Bastida, in custody at the Hospital de la Santa Creu i Sant Pau, suffered severe injuries that make his withdrawn to justice impossible.

Regarding the responsibility for the attack in Banyoles street, the first hypothesis suggest that the responsible are a rival group, not very numerous, but dynamic and with important contacts abroad. This faction was banned some months ago after the meeting in which Francesc Bastida emerged as the reinforced and undisputed leader of the Apparatus.

4

No búnker de Montjuïc

Aínda era noite e o castelo de Montjuïc observaba a cidade coa súa teimuda mirada de sospeita, coa actitude de quen non ten outra cousa que facer que estar alí só para amolar. No búnker situado baixo o granito e a lousa da montaña, o  comandante do corpo de infantería estivo en pé durante case trinta minutos, o tempo que durou a súa intervención, e permanecería en pé na breve rolda de preguntas que a cúpula do Estado Maior tivo a ben efectuar para esclarecer o acontecido na rúa Banyoles durante o mediodía do pasado luns.

O xeneral Roel non cambiou a expresión do seu rostro durante o breve monólogo do comandante. Unha vez que se considerou fracasado o operativo para interceptar e eliminar a Francesc Bastida antes de que chegase a Barcelona, e por mor do perigo que entrañaba a presenza de elementos subversivos tan graves na capital, tomouse a decisión de facelo desaparecer de forma taxativa. As ordes foron transmitidas ao comando do servizo de operativos especiais da capital para que eliminasen o obxectivo nun prazo de tempo non superior ás catro horas.

Cando o comando estaba a piques de levar a cabo a acción, foron recibidas dúas notificacións que obrigaron a abortar a misión. Os servizos de intelixencia advertiron da presenza na rúa Banyoles, o lugar onde se desenvolvería a operación, dos dous axentes da policía previamente encargados da vixilancia do obxectivo. Ademais, os propios membros do operativo das forzas especiais, agochados en Travessera de Gràcia, repararon en dúas persoas que portaban un bazooka de fabricación caseira a poucos metros da súa posición.

As dúas persoas armadas avanzaron até situarse a menos de cen metros da rúa Banyoles e dispararon un proxectil que causou un morto, o axente Pujol, e varios feridos. Entre estes atópanse o axente Cabanillas, o empregado da hamburguesería e Bastida. Tanto o policía coma o camareiro xa prestaron declaración na comisaría, mentres que Francesc Bastida, en custodia no Hospital de la Santa Creu i Sant Pau, sofre graves feridas que polo de agora imposibilitan a súa comparecencia ante a xustiza.

No tocante aos responsables do atentado da rúa Banyoles, as primeiras hipóteses suxiren que a súa autoría é obra dun grupo rival, non moi numeroso, pero dinámico e con importantes contactos no estranxeiro, expulsado hai meses tras a asemblea na que Francesc Bastida saíu reforzado como líder indiscutible do Aparato.

 

3

Música e luz no piso franco

Marta pechou a porta sen ter  moito coidado de facer barullo, meteu as chaves na fechadura e deu tres voltas. Deixounas postas. O piso cheiraba dun xeito estraño, había meses, case un ano, que ninguén entraba no piso franco da rúa Mallorca. Correu as cortinas e entrou a luz, de golpe, e feriulle os ollos. Ao outro lado da xanela a inmensidade da Sagrada Familia, aínda en obras, e os malditos turistas a baixar e subir dos autobuses que non deixan de subministrar á basílica expiatoria de simonía, fotógrafos e fieis. Parecía un bo lugar para pasar desapercibida durante un tempo.

Cando espertara aquela mañá, había unhas horas, pensaba que sería un día fodidamente duro. Pero Francesc chegara tarde á cita, o mozo elegante non estaba no lugar onde debía estar. As sospeitas, os rumores de que fora ferido e collido preso tras a explosión da rúa Banyoles tornaban evidentes, reais, e o protocolo deixaba ao seu criterio dúas posibilidades: ou ben fuxir, ou agocharse. Escolleu meterse no piso franco, alí polo menos estaría cerca de Francesc en caso de continxencia. E había un tocadiscos, unha reliquia fermosa que funcionaba perfectamente.

tocadiscos

Ademais, Marta non se imaxinaba fóra de Barcelona durante esa crise e moito menos sen Francesc. Os tres xa falaran sobre o tema, sobre o que farían no caso de atoparse nunha situación como aquela, así que Marta sabía que, naqueles precisos instantes, a outra integrante do grupo, Mireia, estaría ao volante dalgún vehículo pola A-2 en dirección ao Oeste, á altura de El Bruc ou de Igualada, tanto ten, se tivesen viaxado xuntas estarían pensando se comer caracois en Cervera ou bacallau en Tárrega.

As xanelas estaban abertas, a música, a luz e o aire renovaban o ambiente da cociña, do salón e dos catro dormitorios que conformaban o piso. Marta puxo en funcionamento a neveira e abriu a chave do gas. Despois entrou nun dos dormitorios, o máis afastado da entrada, o último do corredor, e sacou do caixón dun moble as sabas. Fixo a cama. E foi ao sentar no leito, ao baleirar o bolso cheo cunha pouca roupa, que sentiu o primeiro lategazo de soidade.

Ela quedaba soa, sen Mireia, sen Francesc.  Tentou pensar de xeito pragmático, sacudirse a melancolía e do cálculo do tempo que tardarían en comer xuntos caracois ou bacallau. Porque chegaban días duros, fodidamente duros.

 

2

Escuridade no hospital de la Santa Creu i Sant Pau

Francesc espertou sobre a cama do hospital con esa sensación de desarraigo que nos sorprende ás veces cando non estamos moi certos do lugar onde abandonamos a escuridade dos soños e das pálpebras pechadas. O primeiro instinto foi separar as costas do colchón e abrir os ollos para mirar con certo nerviosismo a todas as partes, na procura dalgún elemento que lle confirmase que estaba a salvo ou en malas mans. Pero o lugar estaba completamente ás escuras. Recordou a explosión e a imaxe dos ollos baleiros, mortos do seu perseguidor, sobre a rúa Banyoles, lembrou que era aquel lugar o último na súa memoria.

O primeiro sinal chegoulle á esquerda do seu leito. Por un corredor limitado e formado por dúas ringleiras de camas nas que descansaban en absoluto silencio os corpos doutros doentes e feridos, achegábase unha muller cunha carpeta azul que contiña certos documentos médicos relativos á saúde do paciente. Francesc empezaba a escoitar os seus pasos pero non podía ver nin o corredor, nin os doentes, nin á muller e moito menos as mans brancas que portaban aquel cartafol azul.

Os pasos facíanse con máis e máis espazo nos seus oídos, penetraban até as profundidades do seu cerebro, achegábanse á śua posición e Francesc non variou a postura dos seus músculos, permaneceu coa mesma expresión agardando a ter máis datos cos que avaliar a súa verdadeira situación. Cheiraba a hospital, polo eco dos zapatos sabía que estaba nunha sala moi ampla. Levou as mans aos ollos, cuestionouse se os tiña realmente abertos. Tiña gasas sobre eles. Estaba no leito dun hospital e sentíase abatido.

Ao chegar ao carón da cama, ela abriu o cartafol mentres se presentaba e comezaba a emitir a cualificación dos síntomas, un discurso que ao doente lle pareceu rápido de máis, era como se a cegueira lle impedise escoitar con propiedade. A única palabra que Francesc Bastida sentiu con nitidez, probablemente porque era a única que se axeitaba ao seu contexto, foi “oftalmoloxía”. Entroulle unha pequena vertixe, sentiuse fóra de ritmo e pediu á doutora que empezase de novo o seu diagnóstico.

A Francesc pasoulle un lampexo pola consciencia, un lóstrego que lle trouxo arrecendos das flores de Varsovia en primavera. Pero non, a voz comezou de novo polo máis sinxelo dos inicios, Estás no hospital de la Santa Creu i Sant Pau.

1

Sen o ferro na rúa Banyoles

Naquel intre Francesc examinaba a súa cara fronte a un espello do local, mentres agardaba despreocupado a que lle desen a hamburguesa de año con salsa de menta que pedira. Pensaba na súa idade, que tiña uns pelos horribles nas orellas e que os seus ollos de miope semellaban querer ocultarse dentro da  cabeza para acocharse con agarimo nos lóbulos do seu cerebro. Xirou a cabeza e foi entón cando os viu. E semellaba, pola linguaxe corporal, que un deles movera a súa mirada cara a el, tamén, por casualidade.

Non pasaron moitas cousas pola mente de Francesc pero de todas elas a que prevaleceu foi a lembranza do feito de que non tiña a pistola. Durante anos mantivera a discusión interna, antes de saír da casa, sobre a pertinencia ou non de cargar co ferro, de levar a arma consigo a todas as partes. Unha sentenza tirada da bagaxe popular gañaba sempre a man definitiva da partida: “nunca se sabe, Francesc”! Até que aquela noite de verán cedeu á inercia da comodidade. A calor húmida do Mediterráneo á que xa non estaba afeito foi quen suxeriu deixar a arma no apartamento. E foi entón, cando os dous homes se lle achegaban e a culpa se debuxaba na silueta negra da pistola sobre os garfos, os coitelos e as culleres do caixón da mesa da cociña, cando escoitou o asubío inconfundible e familiar do mísil que se viña cerca da súa posición.

Foi duro deixar Varsovia atrás, difícil non deixarme derramar até quedar baleiro alí, deitado como agora e moribundo, en Wilanów. Imaxinou a primavera, tentou abrir os ollos e ver as flores, as plantas, a figura de Ulises nos debuxos dos murais nas paredes do palacio. Regresar, a idea de volver, este era o motivo que bulía no seu corpo tirado sobre a rúa Banyoles e rodeado de entullo, po e cachotes. Diante del tiña de novo a mirada do inimigo. Era unha mirada inerte, morta, baleira de vida como tantas outras que xa tivera perante os seus ollos.

E metéuselle, nun recuncho descoñecido do ser, unha sensación que identificou co feito de saberse cerca da morte, o desexo a incrustárselle nas unllas e sentir de novo aqueles días de mocidade, aquel primeirísimo grolo de vodka e os días en que o xeo sobre os lagos non era unha imaxe relativa á prosa do común lonxincuo e irreal.