{"id":210,"date":"2014-01-17T15:00:50","date_gmt":"2014-01-17T15:00:50","guid":{"rendered":"http:\/\/tempsobert.pfdorado.com\/wp\/?p=210"},"modified":"2014-01-17T12:28:45","modified_gmt":"2014-01-17T12:28:45","slug":"2-3","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/tempsobert.pfdorado.com\/wp\/blog\/2014\/01\/17\/2-3\/","title":{"rendered":"2"},"content":{"rendered":"<p><strong>Escuridade no hospital de la Santa Creu i Sant Pau<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Francesc espertou sobre a cama do hospital con esa sensaci\u00f3n de desarraigo que nos sorprende \u00e1s veces cando non estamos moi certos do lugar onde abandonamos a escuridade dos so\u00f1os e das p\u00e1lpebras pechadas. O primeiro instinto foi separar as costas do colch\u00f3n e abrir os ollos para mirar con certo nerviosismo a todas as partes, na procura dalg\u00fan elemento que lle confirmase que estaba a salvo ou en malas mans. Pero o lugar estaba completamente \u00e1s escuras. Recordou a explosi\u00f3n e a imaxe dos ollos baleiros, mortos do seu perseguidor, sobre a r\u00faa Banyoles, lembrou que era aquel lugar o \u00faltimo na s\u00faa memoria.<\/p>\n<p>O primeiro sinal chegoulle \u00e1 esquerda do seu leito. Por un corredor limitado e formado por d\u00faas ringleiras de camas nas que descansaban en absoluto silencio os corpos doutros doentes e feridos, acheg\u00e1base unha muller cunha carpeta azul que conti\u00f1a certos documentos m\u00e9dicos relativos \u00e1 sa\u00fade do paciente. Francesc empezaba a escoitar os seus pasos pero non pod\u00eda ver nin o corredor, nin os doentes, nin \u00e1 muller e moito menos as mans brancas que portaban aquel cartafol azul.<\/p>\n<p>Os pasos fac\u00edanse con m\u00e1is e m\u00e1is espazo nos seus o\u00eddos, penetraban at\u00e9 as profundidades do seu cerebro, acheg\u00e1banse \u00e1 \u015bua posici\u00f3n e Francesc non variou a postura dos seus m\u00fasculos, permaneceu coa mesma expresi\u00f3n agardando a ter m\u00e1is datos cos que avaliar a s\u00faa verdadeira situaci\u00f3n. Cheiraba a hospital, polo eco dos zapatos sab\u00eda que estaba nunha sala moi ampla. Levou as mans aos ollos, cuestionouse se os ti\u00f1a realmente abertos. Ti\u00f1a gasas sobre eles. Estaba no leito dun hospital e sent\u00edase abatido.<\/p>\n<p>Ao chegar ao car\u00f3n da cama, ela abriu o cartafol mentres se presentaba e comezaba a emitir a cualificaci\u00f3n dos s\u00edntomas, un discurso que ao doente lle pareceu r\u00e1pido de m\u00e1is, era como se a cegueira lle impedise escoitar con propiedade. A \u00fanica palabra que Francesc Bastida sentiu con nitidez, probablemente porque era a \u00fanica que se axeitaba ao seu contexto, foi &#8220;oftalmolox\u00eda&#8221;. Entroulle unha pequena vertixe, sentiuse f\u00f3ra de ritmo e pediu \u00e1 doutora que empezase de novo o seu diagn\u00f3stico.<\/p>\n<p>A Francesc pasoulle un lampexo pola consciencia, un l\u00f3strego que lle trouxo arrecendos das flores de Varsovia en primavera. Pero non, a voz comezou de novo polo m\u00e1is sinxelo dos inicios, <em>Est\u00e1s no hospital de la Santa Creu i Sant Pau<\/em>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Escuridade no hospital de la Santa Creu i Sant Pau Francesc espertou sobre a cama do hospital con esa sensaci\u00f3n de desarraigo que nos sorprende \u00e1s veces cando non estamos moi certos do lugar onde abandonamos a escuridade dos so\u00f1os e das p\u00e1lpebras pechadas. O primeiro instinto foi separar as costas do colch\u00f3n e abrir os ollos para mirar con certo nerviosismo a todas as partes, na procura dalg\u00fan elemento que lle confirmase que estaba a salvo ou en malas mans. Pero o lugar estaba completamente \u00e1s escuras. Recordou a explosi\u00f3n e a imaxe dos ollos baleiros, mortos do seu perseguidor, sobre a r\u00faa Banyoles, lembrou que era aquel lugar o \u00faltimo na s\u00faa memoria. O primeiro sinal chegoulle \u00e1 esquerda do seu leito. Por un corredor limitado e formado por d\u00faas ringleiras de camas nas que descansaban en absoluto silencio os corpos doutros doentes e feridos, acheg\u00e1base unha muller cunha carpeta azul que conti\u00f1a certos documentos m\u00e9dicos relativos \u00e1 sa\u00fade do paciente. Francesc empezaba a escoitar os seus pasos pero non pod\u00eda ver nin o corredor, nin os doentes, nin \u00e1 muller e moito menos as mans brancas que portaban aquel cartafol azul. Os pasos fac\u00edanse con m\u00e1is e m\u00e1is espazo nos seus o\u00eddos, penetraban at\u00e9 as profundidades do seu cerebro, acheg\u00e1banse \u00e1 \u015bua posici\u00f3n e Francesc non variou a postura dos seus m\u00fasculos, permaneceu coa mesma expresi\u00f3n agardando a ter m\u00e1is datos cos que avaliar a s\u00faa verdadeira situaci\u00f3n. Cheiraba a hospital, polo eco dos zapatos sab\u00eda que estaba nunha sala moi ampla. Levou as mans aos ollos, cuestionouse se os ti\u00f1a realmente abertos. Ti\u00f1a gasas sobre eles. Estaba no leito dun hospital e sent\u00edase abatido. Ao chegar ao car\u00f3n da cama, ela abriu o cartafol mentres se presentaba e comezaba a emitir a cualificaci\u00f3n dos s\u00edntomas, un \u2026 <a class=\"continue-reading-link\" href=\"https:\/\/tempsobert.pfdorado.com\/wp\/blog\/2014\/01\/17\/2-3\/\"> Continue reading<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[15,16,14],"class_list":["post-210","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-galego","tag-creative-writing","tag-pedrolo","tag-xubin"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/tempsobert.pfdorado.com\/wp\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/210","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/tempsobert.pfdorado.com\/wp\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/tempsobert.pfdorado.com\/wp\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/tempsobert.pfdorado.com\/wp\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/tempsobert.pfdorado.com\/wp\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=210"}],"version-history":[{"count":8,"href":"https:\/\/tempsobert.pfdorado.com\/wp\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/210\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":232,"href":"https:\/\/tempsobert.pfdorado.com\/wp\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/210\/revisions\/232"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/tempsobert.pfdorado.com\/wp\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=210"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/tempsobert.pfdorado.com\/wp\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=210"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/tempsobert.pfdorado.com\/wp\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=210"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}